Díxome o merlo que hoxe non ía cantar ata que remate de xogar Rafa, sexa cal sexa o transcorrer do partido...
Por unha vez non é favorito, pero do seu ESPÍRITU DE SUPERACIÓN podemos esperar calquer cousa.
Así que decidín facer piña co merliño, pechar o tinteiro, sacar o traxe e a gravata do roupeiro, a ocasión ben o merece enriba é domingo, e sentarme diante da televisión e ollar a final do Aberto de Australia de tenis...
Se onte eran As Tanxugueiras as que mereceron todo noso apoio, hoxe é o mellor deportista español de tódolos tempos...
Rafa Nadal é un exemplo de valores na vida e no deporte, él di que todo é grazas ás persoas que se atopou no camiño, podemos tomar nota...
Grande Rafa, gañe ou perda...!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario