domingo, 9 de enero de 2022

REFLEXIÓN...ESPECTÁCULO

 No Val esperta moi frío o día...

Abro a fiestra e ollo o merlo acurruchado no niño, non ten pinta de querer votar o peteiro fóra, xa non falo de cantar...Cun sorriso, e con retranca, dime que hoxe él non pertence ao elenco de artistas que elixiu o director, que voe o graxo, e que vai ser espectador de galiñeiro.
Que jodido segue, semella non dar asimilado o regalo de Reis.
Todo o Val se desespereza, e o Gran Teatro da Vida está listo para acoller o ESPECTÁCULO...
Somos nós actores principais, cada un da obra que representa, i espectadores de primeira fila a un tempo...
Co abrente comeza a representación que rematará co solpor, ás veces máis tarde, a miúdo gústanos ser páxaros nocturnos...Unhas veces veremos o sol reflexado nas augas da Alma, se a obra é unha comedia, outras serán os demonios en nubes de tormenta, se é un drama...Seguiremos o guión escrito nos soños baixo a luz das estrelas.
Amenceu sobre o Val un día frío, contaba. Pero o Gran Teatro ten de igual xeito as portas abertas, que remedio, pois xamais se suspende o espectáculo, por moitos merlos que non poidan ou non queiran participar...Os artistas i espectadores van sustituíndose cada minuto, é lei de vida.
Coa desaparición da luz da lúa e das estrelas rematan os ensaios...
Xa están aquí abaixo tamén as farolas apagadas...
levántase o telón e, co merlo no niño, comeza igualmente a obra...
Querid@s Amig@s, non hai imprescindibles...
Na vida estamos de paso...!!



Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario