Trala tempestade chega a calma, ou eso din...
Canta o merlo que a negatividade que onte espallou era presaxio dun arco da vella esperanzador para hoxe ao amencer.
Eu no teño tan claro, coñezo ben de que pé coxea.
Grazas pola confianza, Xaquín.
De nada, merliño.Tes que recoñecer que levas un tempo sen deixar títere con cabeza, e dubido que hoxe non teñas nada que contar sobre un tema tan de actualidade, os políticos e os porcos.
Ámbolos dous, Xocas, para min van moitas veces no mesmo saco, no dos borregos co que semellan querernos tratar...
Levo días mordéndome a língua, pero xa que sacas o tema farei un apuntamento. É unha vergoña o que día tras outro levan sembrando interesados agoreiros nos medios de comunicación e nas redes sociais por un puñado de votos, na volta da esquina están as eleccións de Castela León...
E váleslle calquer cousa, e se non atopan nada de xeito inventan un bulo. Como consideran que somos idiotas, aplican aquelo de que unha mentira dita moitas veces acaba convertíndose en verdade. A pesares, o País segue enteiro e camiñando.
Merliño, xa non sei que pensar, temos unha "clase política" que non ten o máis mínimo respecto por nada, mesmo son capaces de aliarse co demo, con tal de gobernar.
Que educado es chamándolles "clase política"
cando éles nos tratan coma piaras, Xaquín. Politicuchos, definiríaos eu. Cada vez que abren a boca é para decir oink ou mú.
Trato de ter con éles, larpeiro, o respecto i a EDUCACIÓN que deberían eles ter con nós. Só lles digo que ir pola vida de buscabullas con tal de sacar réditos electorais non é un bó xeito de actuar, e que sembren serenidade. Todos sairemos gañando, na contra do que queren facernos ver.
Amigo Xocas, a educación non se pode mercar coma un máster, i este pobo que os votou e ao que representan, que por certo págalles moi ben para o que unha maioría deles fan, levantar unha man ou premer un botón de cando en vez, algúns tamén patalear, está moi necesitado de recoller froitos cheos de ilusión, e para elo necesítase paz...
Que deixen de chamar a atención e de tratarnos coma imbéciles. Non necesitamos raios que produzan tronadas que non soen traer nada bo.Tocoulles agora aos porcos e ás vacas, non sei que será mañá. Fáltalles altura de miras e sóbralles crispación.
Cando acéndela moto, merliño, mira que é negro o fume que vota, e non tes escape, só un afiado peteiro. Alá vai ao carallo o arco da vella esperanzador...
A pesares, cada día recíbenos cos brazos abertos, teñamos fe.
Grazas a éles non é, Xaquín.
Querid@s Amig@s, aquelo de que trala tempestade chega a calma, non sempre é verdade...
Co merlo polo medio, pode pasar calquer cousa ...!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario