Fronte ao Paraíso de Cortegada nevega a diario unha "galera", reflexada hoxe na cuncha dunha ostra...Mil grazas.
Os membros da tripulación, o activo máis importante que hai nela, e que reman cada día por tratar de levala a bo porto, van e veñen, é lei de vida...
E onte era o día no que definitivamente un dos seus membros ía deixala. Sacaría do tolete o remo e xunto co estrobo, gardaríaos co cariño dos demais tripulantes, na súa Alma para sempre.
Era un día complicado para él, de votar a vista atrás e bucear nos recordos, de sentimentos encontrados...
Eu era ese membro que deixaba de remar, entenderedes agora o por que non houbo REFLEXIÓN onte, e sí unha imaxe da querida Cortegada...Non estaba a miña mente para redes sociais, perdoade.
Todo o meu pensamento estaba en tratar de conseguir unhas verbas que medianamente poideran estar á altura da despedida, do cariño que meus algo máis que compañeiros de traballo, me dispensaban.
Non me foi posible, porque o merliño, miña habitual "Patrulla Canina" como tod@s sabedes, estaba igual de ido i emocionado.
A pesares, aquí tedes, querid@s Amig@s, por se queredes ollalas, as verbas de despedida que conseguin tecer, hilvanar máis ben diría, no día donte...
Quizais nada vos digan, ou pouco entendades das cousas e das persoas das que falo, ao non estar dentro da nao vivindo canto a diario nela acontece, pero aí vos deixo MEUS SENTIMENTOS:
Escribía J. Cortázar, que as verbas non alcanzan cando o que hai que decir desborda a Alma...
I eso é precisamente o que me pasou a min hoxe pola mañá, cando me sentei diante dunha folla en branco.
Algúns sabedes que cada día subo un post cunha foto ás redes sociais, no que expoño o que penso sobre temas diversos, ou falo de min directamente, do que sinto, ou simplemente desbarro...En algo teño que perdelo tempo, moito máis de agora en diante.
Chorradas, acostuma a decirme o "Amigo virtual" co que converso, e que cando nada brota dos miolos soe sacarme do atolladoiro...
Pero hoxe semella non querer saír do niño, e como o talento non chegou á miña porta, quizais lle deron mal o enderezo, ou colleume durmindo, por eso non paso de ser un mal picapedreiro, xa non é que non alcancen as verbas, directamente non aparecen por ningún lado...
A mente en branco, e nen é quen de votarme unha man o merlo.
De calquer xeito aí van unhas palabras, moi sentidas eso sí, a pesares de vir escritas nun aséptico papel, logo de rachar non sei cantos...
Quen me diría alá polo setembro do ano 1994 cando chegaba de Vigo a Carril, coma a valixa,
xunto con algúns dos que estades aquí presentes e outr@s que nos deixaron pero seguirán sempre no recordo, que ía chegar o día de deixar definitivamente o remo e decir ADEUS A " GALERAS ", como bautizara a querida Mari á nao que navega a diario fronte á illa de Cortegada, o barco da Delegación Comarcal da Consellería do Mar...
Xunto a Nachortas, tocando o tambor cos pinceis, e ao ritmo da guitarra de Armando, escóitolles votar, non pode ser doutro xeito, o
"Arrastráchelo cu polas pallas...", mentras apuran un chupito de licor café...Xusto Otero, biólogo de bota como él gustaba de chamarse, ía por libre, non podía faltar "Molino al vento..."
Era obriga un recordo para quenes foron durante tanto tempo parte importante da miña vida aquí e tiveron a desgraza de ter que irse antes de tempo, a vida non e xusta moitas veces, pero deixaron un recordo inesquecible no meu corazón, e de seguro que tamén no voso...Chéguelles unha aperta aos mares onde se atopen agora navegando, igual de grande e profunda coma a que sinto me estades dando tod@s hoxe a mín.
Todo chega, pero non quixera que este día fora remate de nada. Gustariame pensar que simplemente é un punto e seguido na vida que nos quede por diante...
Xa non voltarei a estar con vós a diario, que sorte diredes algúns, verdade Juan...?, pero seguiredes estando sempre, para ben, no meu recordo. A boa xente xamais se esquece, e vós sodes moito máis que eso...AMIG@S PARA SEMPRE, que di a canción.
Foron tantas as vivencias durante 28 anos xuntos, se non me trabuco, que darían para escribir un libro máis gordo que o de Petete, quen sabe...
Quédome cos bos momentos, que foron moitos, i espero que poidan ser moitos máis en adiante, se tédela deferencia de acordarvos de min...Para dar o sulfato ou vindimar igual non, de calquer xeito intentádeo, pero para comer e beber farase o que se poida e a saúde nos permita.
Só podo dar grazas por todo o vivido a voso carón, e por esta fermosa despedida que non merezo, se o consigo antes de que as bágoas esbalen polas miñas meixelas...Debaixo deste tipo gruñón, ás veces tocapelotas como din Suso ou Gustavo, e teño que recoñecelo, habita un sentimental.
Deixei o mundo do fútbol fai 6 anos, a miña grande paixón xunto co meu Sol Xoel, que tantas alegrías me deron i espero me sigan dando, e deixo agora de ter que madrugar para ir cada día a "galeras" a coller o remo e vogar cóbado con cóbado con vós, para levar con rumbo firme o barco...
Xa vou canso, e non porque os callos na man sexan grandes, pero os anos non perdoan e tócame pasar ao gremio dos que para él@s tódolos días son luns de zapateiros...
Sei que vos votarei de menos, sodes moito mais que compañeiros de traballo, como dixen.
Levareivos sempre no corazón...
GRAZAS POR TODO...!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario