Díxenche que te coidaria hasta que te recuperases , e eso nunca pasou.Viñeches o mismo fin de semana que o noso canciño, e de repente tiña dúas obligacións , mais ...quen mo dixera?
Collinche cariño e gardo no corazón os momentiños de lucidez nos que me contaches os teus sentimentos.
Contigo aprendín que non importa ser a mellor nai do mundo, a última hora conta mais quen ten o corazón mais capacitado para aparcar a súa vida e dedicarse a túa.
Marchastes en silencio con unha tristura no peito que se leían nesas bágoas que salían dos teus ollos de mirada perdida .
Nunca me vai pesar estar tan cerca de ti , pase o que pase , porque, a través de todo o que pasou ó teu redor, eu primeiro fíxenme consciente de como somos a hora das malas , e humanizastes unha parte de min que xa pensaba perdida.
Tres anos van alá e, ¡mira como son as cousas!, desde as ventanas da nosa casa vexo a túa última morada, e a pesares de que odio entrar alí, porque recordo a morte do meu pai e afógame, tamén a eso me estou afacendo e miro polos dous.
Tres anos xa , descansa en paz miña sogra que non é sogra, que tanto che amolaba cando che chamaba así , agora xa van desaparecendo os recordos mais duros e consigo recordarche nos momentos máis bonitos.
Un bico ó ceo , onde sei que tes o teu lugar mais que ganado.
Mano Figueira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario