martes, 2 de noviembre de 2021

REFLEXIÓN...SENTIMENTO

 Saian do purgatorio as ánimas, deciamos...

Cabazas, disfraces...
Tenebras, caveiras...
Procesión de ánimas, santa compaña...
Fachos, lume purificador para escorrentar os malos espíritus dos ancestros...
Unha tradición moi vixente na nósa Terra, que reúne creenzas, terror, humor...
Noraboa querid@ Amigo, se fostes quén de sobrevivir á meiga noite do Samaín...
Non me extraña que o merliño non de señais de vida e sega acurruchado no niño...Que medo.!!
Amenceu xa a festividade de Tódolos Santos para os creíntes, e a visita aos cemiterios convertidos en fermosísimos verxéis de flores de tódalas cores, é unha obriga...
Non sei de onde sairán agora, según teño entendido xa non existe o purgatorio, as ánimas dos antepasados...
Pero saian igualmente, i en paz descansen para sempre, como xa o fan na nosa memoria.
No corazón, traxe e gravata para recordar aos nósos que se foron...
A visita ao cemiterio, máis que obriga, é SENTIMENTO...!!


                                           

                                                  Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario