martes, 2 de noviembre de 2021

NA TABERNA DO MEU ABÓ (PARTE 1 )

 Lembro aquela década dos sesenta na taberna do meu avó.

Eu case non chegaba coa testa ao alto de unha banqueta, aquelas baixas de madeira onde se sentaban os clientes para xogar as cartas ou o dominó, e na que tamén me tiña que poñer de pe para xogar o futbolín.
En aqueles veràns de calor abafantes, os quintos San Miguel, as mirindas de laranxa, e outras bebidas, estaban a enfriar en barreñóns de plástico, con auga e bloques de xelo. Era o que había, neveiras da época, pero que facían un deleite xelado nos líquidos que baixaban por as gorxas sedentas daqueles hercúleos homes leñadores, canteiros, labradores e pescadores que chegaban cansos despois de unha xornada ruda e inhumana de doce ou mais horas, e que oxe en día acomodados charlatàns que traballan oito horas, non aturarían.
As tardes en branco e negro de Bonanza, Daniel Bum ou Tarzán, inspirábannos os pequenos ás gamberradas polo río, os camiños e ás hortas que asaltábamos, para salir correndo cando viña o dono detrás de nos.
Os sábados ou domingos esperabamos inquedos no patio da taberna algunha escaramuza de labazadas entre algúns clientes.
Había homes moi intrépidos e temerarios que con uns cuantos grolos, enseguida se armaba as de "San Quintín".
Pero a maioría das veces, non quedaba en nada, -cando a sangue non chegaba o río- con outro grolo e apretón de mans, a paz volvía a reinar.
Meu avó tiña tres símbolos obrigados, expostos na parede da taberna: un crucifixo para ter o cura, a miña avoa e os fieles católicos contentos, unha foto do sanguinario dictador Franco para ter a Benemérita mais controlada e no multaran por vender tabaco de contrabando -que os mesmos escaravellos verdes lles vendía-, e mais a reliquia escrita nun tableiro con excelente caligrafía que Manolo Cebreiro "Peito duro" lle regalara o bar Lino:
"El camello es el animal que más aguanta sin beber, beba no sea camello".
Meu avó foi un psicólogo de taberna.





Lino Saborido Rial

No hay comentarios:

Publicar un comentario