O futuro xa está aquí...
  Na beira do mar diante dunha postal, o Porto con Rianxo enfronte, meu neto máis guapo, tamén o único, jajajaja..., escoita unha melodía pampo.
  O ceo, o sol, as árbores, o mar, non falan e moito menos fan música, dirán os de sempre...
  Mágoa daquél@s que diante do Gran Teatro da Natureza nen ollan nen senten, porque na Alma non teñen ollos cos que ao solpor ver as cores, nen oídos para escoitar o concerto.
  "Que extraño, avoiño. Estou no Paraíso e paréceme oír unha gaita tocando unha melodía triste".
  Fiel á cita, sóame ese trino, escoito o canto do  merliño reflexionando: "É a consecuencia do dano que o ser humano provoca na Natureza. A saúde do Planeta está en perigo, e a música que escoitas é o xeito de decilo, meu pequecho...
  En Escocia están reunidos os mandamáis no Cumio Climático, coa obriga de deixar para vós un cheque en branco no lugar dos números bermellos que hai agora na conta. Mentres soe a música, aínda que sexa triste, estará a humanidade a tempo de endereitar o rumbo e salvar a Terra."
  Segue Xoel pasmado ollando a imaxe, alleo ás miñas conversas co merlo, a deus grazas...Para falar cos páxaros terá tempo.
  O futuro xa está aquí presente, o do meu Sol e doutr@s moit@s...
  O mellor sinal de que non chegamos tarde sería que diante dun solpor así soase unha MELODÍA DE ENSOÑO. 
  Querid@s Amig@s, de nós depende...!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario