domingo, 14 de noviembre de 2021

OUTONO DOURADO


Xa chegou Outono

e as nosas fragas

mudaron a cor

olmos e castaños...

 

as follas maduras

caidas no chan

semellando unha alfombra

de multicolores

 

as tardes soleadas

na nosa Galiza

os montes dourados

por mor da follaxe

 

é a natureza

con todo esplendor

brindando un sorriso

alá ó solpor

 

unha folla cae

outra nacerá

ó correr da vida

todo voltará

 

a dulce estación

mostrando o amor

con tanta beleza!

É, a súa cor...

 




     Miguel Alberto 2021



No hay comentarios:

Publicar un comentario