domingo, 14 de noviembre de 2021

REFLEXIÓN...DEPORTE DE MODA

 

Din das persoas que somos emocións que voan no globo da Alma.
Que bonito che quedou o empece, semellas inspirado hoxe, viñeron a verche as musas de noite.
Jajajaja..., Amigo merlo, xa me gustaría, pero vivo moi lonxe délas, ou élas de mín, máis ben.
Devana os sesos e racha moitas imaxes e cuartillas, Xaquín. Sen pretensións, divírtete co que fas, fotos e verbas, e sobre todo non fagas caso das serpes...Mágoa que o mundo esté cheo de cestas con alfinetes.
A luz e a auga, dous dos elementos que che representan a diario, mezclan ben, como podemos ollar na imaxe do amencer sobre o Val...
Os globos e os alfinetes non mezclan, detense o voo e desínchanse os soños...
Semella que o DEPORTE DE MODA é leváredes unha cesta de alfinetes colgada para pinchar as ilusións da xente. A pandemia ía cambiar o xeito de olláredela vida e así foi, a pior...
Pero as serpes, que por velenosas que sexan necesitan morder, viven arrastradas, porque o peso do seu veleno non as deixa voar, póñense malamente de pé...
Co globo dos soños e os sentimentos colgado das alas voa alto, sen medo aos alfinetes, é un consello de Amigo. Debaixo délas vai levar sempre o merliño un paracaídas.
Querid@s Amigos, traxe, gravata, paseo a pesares...
É domingo...!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario