Non madrugan os zapateiros, é luns...
Tampouco escoito cantar o merlo, non sabía que pola semana tamén se adicaba a votar medias solas...
Debulla horas o reloxo, xa temos enriba o outono, e camiño de "galeras" vou pensando se darlle un consello a un Amig@, non vai facelo sempre o merliño...
Coido que non o espera aínda que o necesite tanto coma o comer, pero quén son eu para aconsellar sobre o que non me toca vivir...
Se estiveras calado o que ganarías, Xaquín, soe decirme o larpeiro...
Pode que ganara en saúde, pero quizais tí non existiras, acostumo a respostarlle.
Unhas verbas sentidas, querid@ Amig@, quere adicarche hoxe o mango, sen obrigación de que lle fagas caso, porque a decisión final ten que ser túa.
Por moito que olles que a nao leva moito tempo á deriva, que os golpes que levou nos baixíos destrozárona toda, non hai xeito de estopeala e vaise a pique sen remedio, non está nas túas mans solucionalo, e polo ben da túa saúde tes que aceptalo.
As persoas poden fallarnos, doernos o corazón, ser inmensamente grande a decepción, pero non mata.
Pode matar a insistencia en pretender manterte a bordo dun barco do que non diríxelo temón...
SALTA DÉL antes de que che desfagan a Alma as rochas, pois para o capitán non eres máis que un simple grumete, nen eso para o contramaestre...
Non insistas, non é a túa nao, saca o flotador, tira ó mar a roupa de augas e ponte a salvo onde se sentan felices de acollerche coma náufrag@...
Mellorará a túa saúde, vivirás tranquil@, mesmo pode que comas, e de noite durmas...
A bo entendedor sobran verbas, acostúmase a decir, xa falou demasiado o mango...
Non faltará un maracuyá que che entenda, dime o merlo espoldrexándose no niño, a boas horas...
Tamén para él semella ser luns de zapateiro...!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario