jueves, 9 de septiembre de 2021

NO SÚPER!!!!

 

Hoxe chejei do traballo e parei a facer a compra . Tiña moita presa , tanta que correndo por o pasillo dos lácteos dínme de bruces cun home de case dous metros , de complexión atlética que me abrazou para non caer ambos do empuxón que sen querer lle metín.  O chaval, apurado, axudoume a recoller as compras do chan . E púxose a falar conmigo. O tempo parou , xa non tiña presa, estaba hipnotizada por aquella voz varonil, e sentía ainda  o calor das súas enormes mans no meu corpo , o corazón axitado , medio enloquecido .Ofreceuse a levarme as compras ó coche e así o fixo. Despois doume unha tarxeta co seu nome e teléfono porque é fisio terapeuta e dixo que o chamase cando quixera, que encantado masaxearía o meu corpo, e gratis!, que lle resultaba simpática , que...que... Nah, invensións miñas para enredarvos e que non decaian as janiñas de leer. Fomentemos a lectura! .

                                                         Mano Figueira. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario