domingo, 29 de agosto de 2021

REFLEXIÓN...COMBATE NAVAL

 REFLEXIÓN...COMBATE NAVAL

Era unha relixión...
Remataron as festas de san Roque, por chamarlles dalgún xeito...
Xa nada é o que era Xaquín, cántame o merlo a miúdo, non sei se por joderme, ou para mentalizarme de que os tempos que veñen pouco terán que ver cos de antes.
Remataron as festas decía, e vai alá outro ano sen COMBATE NAVAL, un sentimento para min...
Unha relixión, unha noite especial dende fai moitos anos cando, sendo un crío de pantalón curto, crucei a Ría dende Taragoña con meus pais no barquiño dos Panchos para asistir a unha das primeiras representacións desta preciosa Batalla Naval que cada ano puña o colofón de música e luz ás festas de San Roque de Vilagarcía. Quedei pampo...
Canto choveu, canta pólvora estoupou e cantos arcos da vella me alegraron a vida por uns intres que desexaba xamais remataran.
Quizais porque necesitas ollar a vida con algo máis de cor, é outro apuntamento do merlo...
Pode que teña razón...
Daste conta de que son momentos especiais, cando logo de tantos anos perduran nos recordos que guardamos nas caixiñas de cores da nenez...
Tentei repetir cada ano aquel sentimento sendo mozo, pai, e agora avó...
Hai momentos máxicos, vivencias, emocións que nos marcan de por vida, e semellaban ter como data de caducidade para mín o máis alá, e xa van dous anos sen foguetiños...
Querid@s Amig@s, xa nada é o que era, cántame o merlo a miúdo...
Meu desexo que non teña o don da infalibilidade...!!


                                                 

No hay comentarios:

Publicar un comentario