domingo, 29 de agosto de 2021

VOAR POR TI

 

Quixera saltar d´unha arbre ben alta

e voar nas alturas coma un paxaro errante

por montes e vales, e longas ribeiras

debuxando no ar ese amor que te teño,

 

eu quixera levarte nesa longa viaxe

sin datas d´arribo a ningunha parte

unidos os corpos, nunha aperta sen fin

no claro do dia, na noite estrelada

 

e voando xuntos cal amantes eternos

demostrando o amor que nos queima por dentro

chegaríamos lonxe, querida princesa

alá nos confíns, "allende los mares"

 

eu quixera voar nese vento mareiro

preñado de amor e fraternidade

repartir amizade polo  mundo enteiro

na viaxe sen fin, con amigos perpetuos

 

voar na procura do amor perdido

rompendo as cadeas que tanto me atan

e unha vez xuntiños amarte de novo

ficar ó teu lado, ¡pola eternidade!

   Miguel Alberto,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario