lunes, 23 de agosto de 2021

MARÍA







 

Vinche reírte de case todo , enjancheime a ti desde que nos presentaron , pola túa espontaneidad e simpatía.

O meu filing sobrepasou o previsible cando me contaches a túa vida e a miña sincera admiración medrou no instante.

Gústame recordarche cas túas gargalladas sonoras a  catro metros de distancia , e ese brillo nos ollos cando che contaba pijotadas que che facían olvidarte de todo por un intre, sempre  tan cortiño.

Perdemos contacto con Covid, e todo quedou aplazado para un día que nunca vai poder ser por desgracia .

Que me enterei do teu falecemento cunha frase sin tacto lanzada ó chou, (que nunca perdonarei) , porque me coñeces María, sabes que teño corazón , pero que as veces faise pedra , e non tes martelo que o escache.

Deixáronte soliña , e eu tiña pendiente un rato contigo que nunca pudo ser . Quixera poder decirche mirándoche ós ollos  , que tes un cachiño de pedra de ese músculo atrofiado que teño baixo o esternón , que permanecerás viva mentras Dios me deixe manter memoria nesta vida.

Imos vernos na outra, ti espérame sen presa , resumirei un montón de cousas e volveremos a partirnos de risa .

Descansa mentras, (miña nunca entendida por o resto do mundo  queridísima María) .

Que o Señor che manteña abrigada e descanses por fin e nunca máis volvas sentir soedade nin desazón .

Que che quero , e non teño onde mandarche unha flor, pero a cambio, estás nás miñas oracións .Verémonos  e  mandareiche desde alá abaixo nas caldeiras aljún wsap de broma, para arriba , onde merecido tes o teu lugar.

Sempre no meu recordo , miña amiga  e queridísima María. 💙  


Mano Figueira



                                                        








                                            

                                   



         



No hay comentarios:

Publicar un comentario