Nacendo de
boa cepa
e tamén de estirpe celta
tiñas que ser poetisa
orgullo da nosa terra
naquela época escura
onde non había dereitos
gobernada por caciques
que vestian de sotana
loitando contra todo aquelo
e inxustizas sen fín
tí, con tesón e gallardía
deixastes a impronta alta
pois eran tempos moi duros
e moito máis para as donas
nin siquer tíñades dereito
a entrar na universidade
cando todo vos negaban
ocio, cultura, liberdade
nin respeto nin amor
érades simplemente siervas
escravas de esa incultura
de atropello e iniquidade
ó servizo do feudalismo
e grandes terratenientes
máis ti soupestes loitar
de onde sacabas as forzas?
si non tiñas para comer
ben amada Rosalía!!!
Miguel
Alberto
24 Febreiro de 2021.
P.D.24 de Febreiro do 1837 ó 24 de Febreiro do
2021, fai hoxe 184 anos que naceu a nosa grande Rosalía de Castro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario