Parecen brillantes...
Que capacidade teñen, merliño, para tratar de levarnos á súa leira a pacer.
Jajaja...Xocas, solo son grotescos bufóns encargados de alimentarlle a caldeira a "meu amo" para que pola chimenea saia o fume que máis lles convén.
E se non da saído, merliño.?
Máis leña, mesmo revente a caldeira, Xaquín....
Son nubes de paso postas por vós, no esquezades, movéndose ao dictado do vento que lles encha o peto, sen unha soa idea propia, con discursos valeiros, a miúdo zafios. Da noxo escoital@s cando subid@s no estrado botan a língua a pacer...
Nostálxicos dunha época na que atoparon o clima ideal para reproducirse, seguen coa morriña dentro da alma, ruín e rastreira, lanzando patéticos discursos ancorados nas catacumbas dun pasado polo que suspiran...
De traxe e gravata algúns ata parecen brillantes, a luz cega moitas veces a primeira vista, pero tan pronto abren a boca non pasan de cativos fogos artificiais que antes de saír ao aire xa estoupan nas mans, meus pobres...
Por certos personaxes que agora mesmo se sentan no Parlamento, nen a introducción da
"NICOLASA" estaría consensuada, tedes un bo exemplo no Consello Xeral do Poder Xudicial. En que carallo pensaredes cando vos chaman ás urnas...?
Por sorte para vós a Carta Magna leva publicada dende 1978. Quizais necesiten ser reformados algúns dos artigos, o tempo pasa para tod@s salvo para os cavernícolas que o queren deter...
Hoxe, que coma cada 6 de nadal celebrádelo seu día, pode ser un bo momento para abrir os ollos, recapacitar, e pensar como se puido chegar a este deprimente estado de saúde no que se atopa a vida política no Parlamento deste País, onde o único que se escoita é bruar.
Espertaches con gañas de guerra, larpeiro, parece que che afectou a choiva que cae arreo nas Brañas, ten coidado co peteiro.
Aínda que falar de certos temas parece non gustar, ninguén debería sentirse ofendido por escoitar verdades coma puños, salvo que sexa cortiño, ou un necio, Xaquin.
Tes razón, Amigo merlo, o que oímos diariamente na "casa de todos" é ben triste, dunha total falta de educación...
Para botarse a tremer, merliño.
Así nos vai, Xaquín...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces