Brétemas nas Brañas...
Tamén na Alma, Amigo merlo...
Mesmo a Xilgara Amiga diga que ten cor o outono, o gris apodérase de todo...
A ir na procura dun intre de felicidade obrígame o abrente de hoxe...
Unha imaxe gravada na memoria.?
Melancolía...Non podes remedialo, Xaquín, a vida para tí só ten cor de primavera.
Que ben me coñeces, merliño. Ou deixo amornexados no banco o cicel e o martelo, ou buceo nos recordos tratando de conseguir un sorriso que me ilumine os beizos da Alma...
Atopo uha imaxe que semella ben lonxana, pero segue tan presente na memoria a cariña de ledicia de Xoel ollando cisnes e patos loitando polos caroliños de pan de millo que lles tiraba...
Recordo, larpeiro, dunha marabillosa tarde de merenda na lagoa de Mina Mercedes.
O tempo vai pasando, Amigo picapedreiro...
Engúrrase o corpo, pero hai momentos que quedan gravados en caixiñas de cores na lacena para sempre, unha ledicia o poder botar man deles...
É outono...
SAUDADE NA ALMA...!!
O Paraíso existe

No hay comentarios:
Publicar un comentario