domingo, 26 de junio de 2022

BAILAR


 Cando a vida me invite a bailar, 

nun mar de reviravoltas,

apreixareille forte a man

pra que non me deixe solta. 


E ao me abranguer a cintura 

no roce liviá das costas,

deixareime levar por ela 

receo e vergoña fóra. 


E, peito con peito, coa vida

danzarei coma unha tola, 

entre arquexos e gargalladas 

saíndo en tropel da gorxa. 



Cando a vida me invite a bailar, 

que me atope ben disposta. 


        Silvia Figueiras Dovalo









                                                                                                      Laura Padín

AQUELAS FESTAS DE SAN XOÁN

 Estoupaban os primeiros foguetes a mañanciña cedo, eu aínda durmindo. 

Era San Xoán e había que lavar a cara con aquela auga que miña nai e miña avoa habían preparado con todo esmero o día anterior. 


Levaba tantos gloriosos hervajos que cheiraba a fragancia de alta categoría;  cerro os ollos e aínda recordo aquel cheiro inesquecible. 

Chegaban os gaiteiros a taberna de meu avo, e xa algùns veciños moi temprano metėndolle un grolo para comezar a festa como Deus manda. 

Tocaban os Rosales, os Pequenos de Tàllara, os Xaneiros ou quen lle cadrara, acompañados sempre do fogueteiro, que facían un recorrido festeiro e de alegría por toda a aldea. 

Algúns labradores pasaban malhumorados buscando o seu carro de vacas ou aparellos de labranza, que lle habían agochado os rapaces -como cachondeo tradicional-, na noite anterior, despois do jolgorio das fogueiras e queimadas da festa pagana, para espantar as bruxas.

Por a noite esperábanos a orquestra, a que tocara, para dar aqueles primeiros pasos patosos e dersordenados con algunha rapaciña que xa lle botáramos ben o ollo. 

De vez en cando íamos matar a sede con unha miranda de laranxa a aqueles chiringuitos da época, feitos con catro caneiras, con bloques de xelo nos barreñóns, e que sabían a gloria.

Alguns volvíamos a casa por as escuras que cubrían o camiñiño cheo de pedras; uns afortunados, collidos da man con algunha fermosa veciña, outros pensando si habería máis sorte nas seguintes festas.

Así eran aqueles tempos...












Lino Saborido Rial

PURA AUGA DE COCO, BOA PARA O RIL


A última xornada foi a máis longa. Saímos moi de mañá na traseira dun camión, reptando entre estreitos desfiladeiros, como gando que vai ao matadoiro. A media hora, na estrada xeral, o condutor do microbús agardaba por nós desde había dous días.

Pedimos facer unha última parada antes de chegar á capital. Condutor e guía, satisfeitos coa propina dada horas antes, aceptaron de boa gana. Deixamos a autoestrada en obras que, de xeito intermitente, aparecía e desaparecía.

Desta vez non acabamos noutra gasolineira defendida con armas semiautomáticas, como nun filme de “Mad Max”. Aparcamos ante unha casopa de contrachapado e cinc. Un letreiro improvisado, pintado anos atrás, anunciaba aquilo que foramos buscar: “Pura auga de coco, boa para o ril”.

O barman recibiunos cun franco sorriso medio desarborado. Eramos os primeiros gringos do día. Os primeiros güeros aos que estafar coa inflada tarifa para turistas que, cun pouco de sorte, mesmo pagarían en Dólares ou Euros, e non en tristes e depauperados Quetzais.

Pedimos oito lustrosos cocos, que sacou dunha barullenta e vetusta neveira. Con precisos machadazos de cirurxián, practicou unha abertura en cada froito para introducir unha palla de cores que, a modo de sonda, empregamos para drenar o doce néctar do interior.

O guía uniuse á rolda que formabamos. El bebía unha cervexa. A oitava do día, segundo as miñas contas.

—Deberiamos estar gobernados polos chineses, non cren? Viron a autoestrada que nos están a construír? Só os chineses traen o progreso. Todos os nosos presidentes non valeron un peido. E os yankies e europeos tratáronnos sempre como pailáns; rapinaron con todo a cambio de bagatelas. Un dos nosos gobernos ata renunciou a Belice pola construción dunha autoestrada ata o mar. Pois os británicos aínda nin un metro de asfalto puxeron.

—Ladróns! Fillos de puta capitalistas! —dixo alguén do grupo.

—Cabrones. vostedes enténdenme. Non nos mataron a todos, xa que alguén ten que cultivar o café, o banano e a palma para o aceite. E o que virá, coa maldita cobiza dos güeros; estafadores, maricas chingacabras, coleccionistas de froitas exóticas. Os maias crían que as persoas proviñamos do millo. Eu penso que somos froitas, carne procesada de centroamericanos explotados tras un envoltorio vexetal. Están a beber a suor dunha nación escravizada. Puro sangue fresco, bo para o ril.

Amancio Pampín Suárez

DOLOR DE AMOR

 

No pudo ser, y no ha sido

un amor de adolescencia

nunca me di por vencido

ha sido nuestra inocencia


no hubo, ni habrá jamás

una mujer en mi vida

que haya llenado mi espíritu

como tú lo has conseguido


sabiendo que nos amábamos

nos entregamos en alma

con amor y con pasión

al fuego desenfrenado


solo el uno para el otro

viéndonos a diario

yo veía por tus ojos

pues solo a ti te miraba


tantas veces paseando

unidos por el amor

sin decir palabra alguna

pues llegaban las miradas


me pregunté muchas veces

¿por qué se ha roto el amor?

nunca hallé la respuesta

querida, ¡yo me muero de dolor!

   Miguel Alberto,2022


MADRES UCRANIANAS

 ¿Cómo sobrevive una madre

cuando tiene que enterrar a su hijo?

sobrevive, de la forma más literal

porque su alma con él se ha ido


Siente su muerte como propia

su dolor, es tu dolor

es ahí cuando una lágrima rota

congela las ganas de vivir


Que injusta es la vida de esa madre

forzada en la pasividad de perderlo

sacando fuerzas donde ya no quedan

quienes te rodean no te dan consuelo


Ese funeral se hizo eterno

en medio de la iglesia está la madre

no hay religión ni Dios divino

que haga que su corazón pueda perdonarte


En privado desnuda su alma

dejando que el llanto moje su cara

se vuelve niña y no calla

porque le robaste la luz que la iluminaba


Pobre madre que en su locura

con su aliento calienta su cuerpo

lo abraza, lo envuelve, lo acuna

pero olvidó el día que fue enterrarlo


la realidad, no es la realidad

pues vive en sueño permanente

porque nunca aceptará su partida

ahora ama, llora, y luego muere.


Paki Espiño,2022


P. D. Dedicado a todos los padres y madres que injustamente tienen que enterrar a sus hijos.


lunes, 20 de junio de 2022

AS ÚLTIMAS PALABRAS

 Preocu-pábao a morte, coma bo exipcio, mais coa diferenza de que a súa estaba escrita, en caracteres gregos e latinos, con selos imperiais. Sentíase tranquilo, en paz, a pesar dos golpes e das ofensas dos soldados no santuario, requisando papiros e esparexendo ouriños e excrementos polo templo igual que animais sen entendemento.


O oficial, ao ler os cargos, acusouno de paganismo, bruxería e diversos actos nefandos. Logo, mentres os seus subalternos se divertían coma bárbaros en pleno saqueo, confioulle, a saber por que, a causa daquel proceso e proceder. Alguén na corte, de seguro un espía pagado pola man dun eunuco insidioso, descubriu que era a derradeira persoa viva que sabía ler e escribir xeróglifos. Desde logo, aínda se escoitaba xente falar aquela lingua antiga e decrépita; incluso nos barrios humildes de Alexandría, alarifes, criadas e amas de cría teimaban en empregala; e case seguro que aínda quedaban vellos nómades do deserto apegados aos deuses e ás caducas tradicións, pero ningún tiña o seu poder. O don das palabras debuxadas.


As ordes esixían trasladalo, vivo e con discreción, a Constantinopla. Xa na capital, os verdugos arrincaríanlle os segredos dos tesouros dos faraóns que, avarentos e desconfiados, soterraran por séculos na inmensidade do deserto. O oficial, nun raro e arriscado xesto de compaixón, entregoulle dúas moedas de prata para Caronte. O sacerdote non preguntou, e o militar non explicou, que lle lembraba o seu pai, aló na aldea, nas montañas gregas, que se bautizara por medo, pero seguía fiel aos olímpicos en segredo.


Subírono a empurróns á faluca. O barqueiro, un nubio armado sentado a popa, pasaba as contas do rosario indiferente aos asuntos dos pasaxeiros. Limitábase a agardar a orde de soltar amarras e poñer rumbo ao norte, á civilización.


Desde a auga, o sacerdote ollou por última vez os elegantes capiteis hatóricos que, durante xeracións, acolleran a fieis e viaxeiros naquel recanto paradisíaco do Nilo. Volveu pensar na morte: a diferenza de Osiris, non resucitaría tras ser despezado. A súa mirada cruzouse coa do barqueiro e soubo que aceptaría o pago por levalo ao Alén. Apelaría o Xuízo dos deuses: ante Anubis, o seu corazón, puro e livián, alzaríase fronte ao peso da pluma de Maat tras consagrar a súa vida a unha causa perdida, pero xusta. E Thot, deus dos escribas, anotaría as súas últimas palabras.



                                                             Amancio Pampín Suárez



CARACOIS DE BELVÍS

 Poucos días despois de coñecérmonos na entrega dun premio, Lupe Gómez mándame por correo o seu libro Caracois de Belvís, premio SELIC 2019. Ten unha fermosa dedicatoria, da que só vou destacar as palabras que se refiren directamente ao libro: Estes caracois que debuxan itinerarios de paz na paisaxe de Belvís, onde o rezo inaugura as fronteiras dun idioma novo. E destácoas porque quero comezar esta reseña aclarando algo. A miña primeira (e única ata o de agora) lectura deste fermoso libro estivo moi condicionada, sen que eu o determinase conscientemente, pola forte impresión que me provocou a palabra rezo nesa dedicatoria, pois engadiuse á conmoción que tamén me provocara (non o agardaba nunha poeta coma ela) algo que Lupe me dixera no primeiro correo electrónico que me mandou pedíndome, para a miña gratísima sorpresa (admíroa moito como poeta), o meu enderezo postal: Para min a poesía está cerca do canto relixioso, da oración misteriosa. Sei que hai outras moitas lecturas, propias e alleas, do libro, pero non puiden evitar lelo subliñando interiormente as numerosas palabras que teñen que ver coa relixión, entendida, non no sentido en que a Igrexa Católica a interpreta, senón no sentido en que a interpretaba Cunqueiro cando dicía que rezar quenta o corazón (Lupe di: Rezar, durmir cos ollos cheos de champaña) ou no sentido en que Faustino Rey Romero se autotranscendía no canto dun merlo (Lupe di : Rescatar peixes mortos / na estraña claridade da hedra) ou no sentido en que Wislawa Szymborska intentaba abrir as portas desas pedras que non tiñan portas (Lupe di : O sol era un trapecista abrindo fendas).


De feito Lupe dedícalle o libro ao pai dominico de Belvís pois, sen a súa presenza silenciosa, di, non sería posible o vento das súas palabras. Esas palabras dentro de cuxa pel, di ela, sangran as rosas. Esas palabras que, cando son mímica, tamén di ela, vibran como un abrazo de fe verdadeira. Esas palabras que, cando son silencio, caen como ladaíñas desde as ventás altísimas dos avións. Esas palabras que, cando son metáforas, golpean como puños as paredes do sol. Esas palabras que, traducidas ao silencio da igrexa de san Francisco, son unha flor de pétalos brillantes. Esas palabras que no confesionario son como bailar co leite branco nun cadro escuro de Vermeer. Esas palabras que beben os paxaros, como licor de framboesa, nas mans hipnóticas dos homes santos. Esas palabras que no convento de Santa Clara fan soñar coa claridade interior da escuridade. Esas palabras que en Galicia dormen no berce das verdades mortas. Esas palabras que cantan os santos nun alalá. Esas palabras de ardente paciencia na que desaparecen os caracois. Esas palabras que, na memoria, son unha carballeira de aves negras. Esas palabras que os frades rezan calados. Esas palabras que nos pide a terra cando parimos.


Porque ese o significado último desta obra na miña primeira lectura. Inaugurar as fronteiras dun idioma novo e sagrado coas palabras e os deuses gastados de sempre. Dito doutro xeito. Vivir na cidade rezándolle ao deus da aldea. De feito, na última carta que me envía, Lupe mándame a foto de María de Castrelo, a curandeira da súa aldea natal. A súa mirada, dime nesa carta, era un país cheo de cancións analfabetas, e revélame que un día, mentres lle facía unha entrevista, percibiu que María do Castrelo contestaba de forma serena, coa frescura do orballo que mollaba a súa liturxia de silencios abrazados, é dicir, co andar lento e paciente dos caracois de Belvís. Lupe di o mesmo, dunha forma fermosísima, neste libro que comento: Desde alí vexo horizontes de pan feito /coa arquitectura serena das aldeas. Porque, si, Lupe vive en Compostela, e pasea por ela, como ben testemuña e celebra este libro, pero desde alí, desde Basquiños, desde Belvís, desde esa catedral que é tamén unha rúa ou un barrio, mira a súa aldea natal, Fisteus, pois todo regreso é unha aventura, e mirándoa, autotranscéndese, como santo Agostiño, iluminándose coa luz sagrada da poesía dunha curandeira que, por analfabeta, nunca foi sabia, pero sempre, mesmo cando curaba, foi promesa, promesa escrita (iso é rezar) no papel pobre dunha parede negra: O paraíso canta cos puños felices / dunha nena morta.


A esa nena rézalle Lupe neste libro, e rézalle con ela, autotranscendéndose, o lector. Porque ese é, ao meu entender, o sentido último da súa poesía, ese sentido que revela esta cita de Agata Kristof que ela mesma me enviou noutra carta posterior, e que debe ser valorada recordando o profundo amor que Lupe sente polas cartas: (De nena) Eu non podía imaxinar que puidese existir outra lingua, que un ser humano puidese pronunciar unha palabra que eu non comprendera.


Si. Os caracois de Belvís está escrito cun galego divino que xa existía antes de que os sabios construíran a torre de Babel.



                                                                   X. Ricardo Losada