Romeiros a Compostela
camiñando sen descanso
qué vos trae ó gran sepulcro
procedentes d´outros lares?
pois vexo xentes alleas
tamén diversas creencias
conversas en mil idiomas
que buscades n´esta terra?
Xente xoven e lonxeva
con muletas e bastóns
camiño de Compostela
procurando a catedral
aquel dito milenario
que a fé move montañas
sen importar as distancias
peregrinos incansables!
Será a fé que vos move
no campo da gran estrela
a visitar o Apóstolo
Santiago de Compostela
terceira cidade Santa
de toda a cristiandade
que lle ofreces Compostela
a tanta xente chegada?
Digo paz, ou algo máis?
Camiños de liberdade
creencias, ideoloxías
n´unha gran fraternidade!!!
Miguel Alberto, 2025
No hay comentarios:
Publicar un comentario