Chegou o día, chegou a Romaría. Tod@s ao San Ramón.
Canta eufórico o merliño nun día tan especial para a contorna. Na pequena parroquia de Bealo do concello de Boiro, dende mediados do século XVIII, celébrase a Romaría de San Ramón Nonnato, a máis antiga de Galicia...
A ROMARÍA DAS ROMARÍAS.
Cada 31 de agosto, por enriba do río Beluso, miles de romeir@s reúnense na fermosa carballeira que rodea a capela do Patrón das mulleres preñadas, e asisten ás misas para rogarlles ao milagreiro santo que cheguen con ben @s nen@s que están en camiño, ou para pedir que axiña poidan chegar outr@s, está pretiño dalí unha sobreira, tamén milagreira según falan de vello...
Dende moi cedo, agora xa de véspera, o ambiente cheira a polbo e cervexa que da gloria...
Chegará máis tarde a comida campestre, e das cestas de corres ou bimbios sairán os manteis, as empanadas, o viño..Logo, moita troula e baile ao son das gaitas...
A volta á casa andando polo camiño de Boimazán e Cubide, coas sandías debaixo do brazo, porá fin a un inesquecible día...
Creíntes ou non, paga a pena enchouparse daqueles arrecendos que o envolven todo, charlar cos amig@s, ou facel@s nov@s, mentres tomas unhas tapiñas de polbo e unhas cuncas de viño tinto ou unhas cervexiñas frescas dunhas neveiras moi especiais, barreños que non necesitan corrente, só xeo.
Esperta Xaquín, que fermoso o que gardas na caixiña da lacena. Pero o "bichoco" non deixa celebrar este ano a Romaría tal como a lembras de neno.
Estás dicíndome, Amigo merlo, que ti non cantabas e esto só foi un soño.?
Érguete, espéranche en "galeras", Xocas. Virán mellores tempos, confía en disfrutar de novo do San Ramon.
Amigo merlo, oxalá por moitos anos sigamos mantendo estas tradicións, sen elas nada sería o mesmo...
Con Romaría ou sen ela, parabéns a tódolos Ramóns e Ramonas, disfrutade do voso día.
Chegas tarde ao traballo, Xaquín.
É o que ten soñar bonito, merliño...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario