miércoles, 30 de julio de 2025

GALO DE CERÁMICA


  Derradeiro martes de xullo, érgome cedo para saudar o abrente, nada novo...

  Esperta o Val cun forte e molesto nordés,  arrefíanse os beizos das ras que croan no medio das espadanas que medran nas Brañas...

  No xardín do veciño ollo o fermoso galo vermello. Non canta, que estraño...

  Non te cases nen te embarques, di o refrán de vello. Ata ese extremo chegou o galo cantareiro e presumido para estar hoxe tan calado...?

  Celebrarase na aldea o "día dos caladiños" sen eu saber nada, ou  terei que mercar ese aparello que se mete nas orellas, como me recomendaron fai xa tempo...?

  Pode tamén que non me abandoaran aínda os efluvios da festa do "Carneiro ao espeto",

dime sempre o merlo que cunha cervexiña fresca teño dabondo...

  Fágolle ben pouco caso, non dou aprendido, "Crego e monaguillo", licor café de sobremesa, e logo o que se tercie...

  Parece espoldrexarse o merlo no niño, non madrugou para espertar a aldea según vexo...

  Escoito tamén unha gargallada que me serve  para desbotar "o escoitófono ese".

  Jajajaja...

  Amigo Xocas, contoume unha Amiga, moi anoxada, que pasaches onte a carón dela na praia e non a saludaches...

  Díxenlle que no tivera en conta, que xa sabía o festeiro que es, tamén que mercaras unhas lentes novas e tiñas certos problemas para ollar ben con elas, e pior co reflexo do sol na auga e na area...

  Xa veremos se colou cando che pille por banda esa páxara...

  De tódolos xeitos, Xaquín, mesmo os anos non perdoen, no medio de tanta xente non recoñecer á X...ílgara pode ter un pase...

  Pero non diferenciar o galo das alas vermellas do veciño, dun GALO DE CERÁMICA espichado nun pau no xardín...

  Volta pola óptica, Xocas...

  Ou deixa o mencía...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                                Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario