jueves, 12 de junio de 2025

@S CHALAD@S


Érgome antes que o abrente comece a clarexar as Brañas, espoldréxase o merlo no niño.
A onde vas a estas horas, Xocas..? Nen o galo presumido comezou a cantarela.
Teño unha viaxe pendente dende antes que comezara a primavera, merliño. Faláronme que no parque de Caldas de Reis, unha vila con moitos anos de historia na beira do Umia, río teimudo coas enchentas, madruga un merlo para quen queira escoitar un trino marabilloso.
Non podo crelo. Non haberá merlos dabondo na beira do Ulla...? Logo non queres que digan que tes unhas pingas... Goteiras son as que tes, Xocas.
Merliño, son un "drogadicto das emocións", e a Natureza ten unha linguaxe que provoca.
Ou non di nada, Xaquín, non se fixo a mel para a boca do porco...As cores e os sons para quen non olla nen escoita, tampouco...
Hai cousas que só se aprecian coa Alma, a beleza que transmite a Natureza que nos rodea a primeira...
De nada vale que contes que un merlo canta nunha carballeira para quen non ten Alma, é
como sementar nun deserto, Xocas.
Só pretendo, merliño, tallar unhas verbas coas que sentirme realizado...
Espallar ao vento o que a miña Alma sente diante da Natureza...
Que cantan os merlos sempre nos abrentes e solpores...
Sei que ninguén vai madrugar para ir oír o canto dun páxaro á beira do Umia, larpeiro...
Dariame por satisfeito se alguén notara unhas cóxegas ollando a relaxante imaxe do río camiño do balneario, xa non digo escoitar o trino dun merlo lendo o que sae do cicel dun picapedreiro.
 
Jajajaja...@S CHALAD@S, Xaquín, sodes moi poucos.
 
 
 O Paraíso existe
 
 
 
                                                   Xaquin Miguéns Ces
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario