domingo, 8 de junio de 2025

GRAZAS POLA COMPAÑA


  Saio á fiestra, a noite foi longa, pero cheira a primavera...

  Que complicada a travesía da vida cando te atopas fronte ante o perigo, o vento sopla de proa, anégache o barco e a bordo nen hai roupa de augas...

  Estar pelexado co merlo no levo ben. Pode agocharme o cicel, é jodedor, pero sabe que o necesito, teño tanto que agradecerlle...

  A pesares que nas Brañas sopla un molesto nordés, xa leva un anaco de tempo na graneira espallando o seu canto.

  Un mar calmo xamais fixo un bo mariñeiro, Xaquín, pero recordo escoitarlle fai tempo ó Amigo Nuco que navegamos mellor co mar calmo.

  A de travesías de todo tipo que ten ás costas o gran artista de Rianxiño. Se así fala é con razón, Amigo merlo. Por elo buscamos o refuxio da enseada, a protección onde salvarnos das olas que entran a bordo, mollan o corpo, e sobre todo das que enchoupan a Alma...

  E cando nos sentimos a resgardo logo de salvar unha difícil travesía, botámos áncoras e atámola dorna, que fermoso poder sorrir e dar grazas, larpeiro, a tódol@s que remaron a noso carón, cóbado con cóbado.

  Os verdadeiros Amig@s, Xaquín, están sempre para axudarnos a achicar a auga que ameace con afundirnos.

  Merliño, voltou á miña Alma a primavera. Nen vivindo sete vidas, coma os gatos, podería pagarlles a débeda que acumulei por tanto agarimo que me regalaron neste tempo alonxado das redes...

  Querid@s Amig@s, xílgar@s da vida, feliz travesía teñades...

  GRAZAS POLA COMPAÑA...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                                  Xaquin Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario