Hai noites sen lúa, coas farolas da Alma apagadas, mesmo sexa primavera...
Luns, ían descansar os ciceis ao lado das subelas no banco dos zapateiros...
Abro a fiestra dos sentimentos, imaxino a desembocadura do Ulla e SINTO FRÍO, nada que ver co tempo, arrefíame o corazón unha nova inesperada...
Bágoas de pesadume, merliño...
A duras penas é quen de botar man do cicel e a maceta este picapedreiro buscando tallar unhas verbas...
Lascas das que esbalan bágoas de tristura é canto consigue arrincar hoxe da pedra...
En "galeras", inesperadamente, descansará para sempre fronte a Cortegada o remo da querida Amiga Sefa...
Hai noites sen lúa, días sen sol escintilando...
Que jodida ás veces a vida, apagoulle a luz sen darlle unha nova oportunidade de seguir alumeando...
Escapóuselle entre os dedos a medio vivir, a ela que gustaba tanto de disfrutala...
Miro Cortegada, merliño...Na tantas veces illa de ledas emocións, hoxe só asoman verbas tristes nas súas praias de área branca...
Pouso o cicel.
Que o mar do Paraíso lle sexa leve, Xaquín...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario