Eu tamén quería
de pequeno ser maior
ainda sabendo que a vida
traería traballo e suor
Eu pronto quería crecer
e con todas as miñas forzas
grandes cousas facer
Que longos días de inverno
moi lentos en rematar!
zocos, nas punteiras chacras
para asi poder xogar.
Era tempo de pobreza
e pobres eran meus pais.
Moi cedo, xa de de pequeno
tiña que ir traballar
había que axudar na casa
para da vida tirar,
pola mañá ir á escola
de tarde o millo sachar
e cando non era eso
as vacas para coidar,
pero sempre tiven tempo
de disfrutar e xogar.
Ruxe dentro de min
de cando en vez a ilusión,
sinto berros dese neno
que de min nunca se foi
miro o espello e digo
neno, onde fostes, onde estás?
Eu quixera ser pequeno!
por qué tiven que medrar?
Onde están eses amigos?
Onde está esa amizade?
Onde están eses meus soños
Que nunca puiden lograr?,
Eu quixera ser pequeno!
quero volver a soñar!
ser de novo aquel meniño
que pronto quería medrar
e soñar nun mundo novo
sen as guerras e con paz.
Tino de Bugallido,2025
No hay comentarios:
Publicar un comentario