domingo, 26 de enero de 2025

 LÚA CLARA"

 A vida xungue persoas...

 Merliño, hai noites tan tristes que non é doado conciliar o sono...

  Hai noites tan oscuras que a Alma vese na obriga de navegar sen compás, sen a axuda da lúa e das estrelas...

  Hai noites tan longas que semella que se esquecenceron de acender o abrente e apagar as farolas...

  A vida xungue persoas e fai amistades, sufre a Alma por noticias que xamais quixeramos ter escoitado.

  É ese o ánimo que lle das por moito que che afogue a tristura, Xocas...? 

  A túa Amiga navega agora mesmo na procura dun horizonte de luz, dun porto seguro no que repararar as cadernas do corpo, confía na ciencia...

  É túa obriga, nas noites sen "LÚA CLARA" polas que a ben seguro navegará, axudarlle a reparar as velas da Alma...

  Prohibido renderse, Xaquín. Respira ben fondo e navega á súa beira cando o necesite...

  Colle o remo se non axudan os ventos...

  Chegarán os de popa...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario