"...nin te embarques."
Resístese "Hortensia", e xa é martes, merliño.
A pesares, Xaquín, debemos desplegar as velas e continuar a travesía, a vida non se para esperando por ninguén...
Sóache aquelo de que un mar tranquilo xamáis foi berce dun bo mariñeiro, Xocas...?
Por forte que sexa a tormenta, por moito que a oleaxe abanee a nao da nosa vida e ameace con afundila, non queda outra que subirnos ao veleiro e navegar...
Non podemos quedarnos ancorados nas culpas do pasado, se as sentimos, nin nas dúbidas dun futuro que non temos garantido...
O agora é o único que importa, e debemos facerlle fronte ás ansiedades e os medos do presente con tódalas armas que teñamos a noso alcance, Xocas.
Hai, merliño, que ben falas. Outra cousa é saber cómo afrontar as tempestades.
Moi sinxelo, Xaquín, desterrando da Alma a palabra RENDERSE...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario