De Merlín(ño)...
A ti, algo máis que unha simple X...
A ti que fuches quen de rescatarte dos teus medos, de rexurdir das túas propias cinzas coma un AVE FÉNIX e fuxir do lume dos infernos, adícache as seguintes verbas un picapedreiro:
" Loita sempre por todo aquelo que desexes, xa que nada vai poder deter as túas gañas de comer o mundo novamente...
Déitate cun soño e esperta co firme propósito de facelo realidade, pois o abrente é un catálogo de luces procedentes das estrelas para iluminarnos a diaria travesía polo océano da vida...
Rodéate de xirasois que busquen a luz e régaos diariamente coa auga limpa e clara da Amistade...
Logo de tantos temporais sufridos, remarán cóbado con cóbado na nao da túa vida para axudarche a atopar un porto seguro no que resgardarte, serán o carpinteiro do asteleiro no que estopear as cadernas das alas, e coser as velas da Alma.
De Merlín(ño) para miña querida X... e a maxia da Amistade, como ela a define, que atopen acubillo no niño da túa Alma os páxaros da felicidade."
Cáseque sempre teñen as miñas reflexións un destinatario, a máis das veces o vento pois entendo que ler entre liñas faise demasiado complicado...
Unha obriga para Merlín(ño) a de hoxe, querida X...ílgara...
Soe no teu tiovivo "A vida é bella"...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario