jueves, 17 de octubre de 2024

UN LOCO APRENDIZ DAS VERBAS

 

Madrugar é o ansiolítico que o médico da Alma me recetou, mesmo sexa domingo e diga o outono que no niño estaría mellor...

  Asomado á botica, o balcón dende o que olla cada abrente, póñalle cada quen o calificativo á imaxe que hoxe ten diante, mentres escoita o canto do merlo, seu Amigo da Alma, soña con facer maxia un aprendiz de picapedreiro das verbas...

  Posuír esa pluma capaz de sacar poemas de cores da chistera do paraíso das Brañas...

  Soñar pampo cando a lúa desaparece no horizonte e o día vai chegando, transformando a oscuridade en versos que o leven voando dende un río de sorrisos a un ceo de amarelos,  grises e azuis rotos...

  Variña, chistera e os ollos da Alma ben abertos, Amigo Xocas, é cánto nececesita un aprendiz de mago, canta o merliño dándome folgos.

  Conseguir que eses versos enchoupen as Almas de quenes o len está reservado aos elexidos, e como o talento non vén de serie, que non digan que non poño todo da miña parte picando pedra...

  Que iluso, dirán aquel@s aos que os ollos e o maxín so lles serven para non tropezar cos atrancos que atopen diante...

  Levanta o voo, Xaquín, xamais deixes de intentar que a túa Alma abuxarde versos de cores nos que, mesmo no outono gris, aniñe a verde primavera, é o canto que agora mesmo segue espallando polas Brañas o Amigo merlo.

  Domingo, traxe e gravata...

  UN LOCO APRENDIZ DAS VERBAS soña con facer maxia...!!


  O Paraíso existe 




                                                               Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario