martes, 2 de julio de 2024

"OS PICAPEDRAS"


  Vilmaaaa...!!

  Abro a fiestra para ollar o abrente deste derradeiro sábado de xuño e ohhh..., que sorpresa...

  Ese berro que escoito e a imaxe duns cavernícolas que vexo reflexada no graneiro, merliño, que significado teñen.?

  Estás de santo, Xaquín, e quero darche os parabéns.

  Coido que te trabucas, Amigo merlo, o día de san Xaquín, e santa Ana, a festa dos avós e avoas, celébrase o 26 do mes que vén.

  Non pillas unha, Xaquín, jajajajaja. "Vilmaaaa, ábreme a porta..." era o remate dos capítulos daqueles  debuxos animados que tanto che divertían, "OS PICAPEDRAS"...

  Hoxe é a onomástica dos Pedros, Pablos, Paulas e demais, parabéns a todos eles. Podemos incluirche a ti tamén, un vulgar picapedreiro das verbas que cada mañá das a vara polo Facebook, mesmo polo Instagram de cando en vez.

  Amigo merlo,  espallas sarcasmo a reo, hoxe o teu canto espertou jodedor, que diría a Amiga Arianna, non sei que pecado  cometín.

  Con que pouco sentido do humor te levantas, Xocas, co que disfrutabas ollando na televisión a Pedro Picapedra, Pablo Mármol, Vilma e Betty, incluso soñabas con chegar a conducir algún día un troncomóbil, e agora paréceche de mal gusto unha broma con retranca con eles como protagonistas. Que cavernícola furruñento che volveron os años, Xaquín. 

  Pode que teñas razón, sobre todo no de mal picapedreiro, pero que o vaias pregoando polas Brañas co teu trino, larpeiro, non me parece de moi bo Amigo, pasa un bo día.

  Picáronche as pulgas, Xocas...? Só era unha chanza sen mala intención...

  Unha culleradiña de mel viríache ben...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                 Xaquin Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario