Madrugar é para min unha relixión...
Pertencendo ao gremio dos que vixían as obras apoiados nun valado dirán que teño unhas pingas, cánto menos, pero esperto cada día para escoitar o canto do merlo ao abrente, ao tempo que ollo o que me conta "lorenzo" co pincel cando asoma no horizonte...
"Bo días teñades", semellan decirlle ámbolos dous con tenrura hoxe ás Brañas...
Dende a súa atalaia na cruz da vella graneira, endózame o merlo Amigo e ábreme a tapa do tinteiro co seu melódico trino...
Un arco da vella saído da chistera do Pico Sacro, tocada por un máxico pincel, ilumina o ceo do Val e chíscalle o ollo á lúa, que di adeus por enrriba do Xesteiras sorrindo avergoñada...
Así sente a miña Alma o amencer deste martes dunha primavera a piques de rematar, e a maxia que conleva, no belido Val de Rosalía.
Non quixera irme sen pedir perdón polos exabruptos que onte cantamos o merliño i eu, un xeito de liberación, non somos de pedra...
E agradecer tódalas mostras de agarimo que recibín, sódelo meu acubillo, e nada máis necesito para coller paleta e pincel, abrir as alas e botarme a voar cada mañá...
Outra historia é conseguir que O VOO chegue á Alma dalguén...
Mil grazas por estáredes aí...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario