Merliño, foise o sol con un mañá voltarei a pintar de cores o ceo das Brañas...
Pode que vos regale un arco da vella, é primavera, dixo sorrindo...
A noite vai caendo pouco a pouco, toma o relevo a lúa engaioladora, quen aluma os graneiros da aldea, co Ulla e o pico Muralla testigos de tamaño embruxo...
Así é a vida, dia a día, noite tras noite...
Unha suma de luces e sombras, de novas experiencias...
De bágoas amargas, de doces vivencias...
De noites oscuras e días brillantes, Amigo merlo.
Xaquin, vaise o sol e axiña chega a noite, non hai luz que brille continuamente...
Nen mal que dure cen anos...
A deus grazas, Amigo Xocas, tampouco a oscuridade é permanente...
Foise o sol...?
A SUPERLÚA DE MAIO xa asoma polo horizonte...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario