miércoles, 17 de abril de 2024

O BICO

 O BICO 

  Fuméache o cerebro diante de Cortegada, Xaquín.

 Amigo merlo, debe ser a falta de costume o que me pon dese xeito, sabes ben que só penso de cando en vez, o demais déixocho para ti.

 A deus grazas, jajajaja ...Pero cóntasme por que hoxe é ese día especial no que pos os miolos a levedar.?

 Acaso, merliño, ti que controlas todo dende a perspectiva que che dá o voar, esquecéste do que celebramos cada ano nesta data do 13 de abril.?

 Para nada, Amigo Xocas. Quixera deixalo pasar,  engúrranseme as alas da Alma pensando que a algo tan simple coma O BICO, co que a Natureza dota a todo bicho que teña sentir, necesite adicarlle un día ao ano a chamada raza intelixente...

 E o resto dos días...?

 Non se vos cae ao chan a cara coa vergoña, Xaquín.?

 Nelo estaba pensando cando che pareceu ver saír fume da miña cabeza, merliño...

 Bágoas de tristura esbálanme polas meixelas, máis ben, pensando nas rarezas do ser humano, que tantas veces busca estrelas alá lonxe esquecéndose das lúas que ten a seu carón...

 Deixa en segundo plano algo tan simple como bicar a aqueles que lle aportan luz no seu diario camiñar, manifestándolles dese xeito agarimo ou amor...

 Mostro, como sinal de arrepentimento polo mal proceder, esta ben fermosa imaxe de Carril ao solpor tomada dende "galeras", que para sempre levo gardada nunha caixiña de cores na lacena do corazón...

 Unha aperta no Paraíso á que, seguindo os dictados da lúa, nunca faltan as augas do Ulla e da Ría máis fermosa do mundo, e que remata cun bico nos beizos de area fina da súa amada Cortegada...

 Merliño, as miñas verbas non dan para máis...

 Bicos para tod@s, e mil perdóns...!!


  O Paraíso existe 



                                                                   Xaquin Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario