"Nosas vidas son os ríos
que van a dar no mar,
que é o morrer..." (J. Manrique)
Lindo e sentido poema elixes hoxe para darnos os bos días, Xocas...
Que direi da fotografía, a fervenza de Toxosoutos xamais deixa de abraiarme, mesmo ti te poñas diante, jajajaja.
Espertastes jodedor Amigo merlo.
Xaquín, só é unha pequena labazada para espreguizarche. Levas un feixe de días pelexado co mundo enteiro, botándolle a culpa de tódalas túas penas ao inverno...
O fin de semana xa petou na fiestra, e a vida é demasiado fermosa para estresarte con persoas que disfrutan abríndoche a billa do bocoi da carraxe, e nen merecen que as escoites.
Falas moito, merliño, pero poñer fin a capítulos da vida non é doado por moito que nos amarguen a existencia.
Xaquín, cando alguén che trae pola porta máis problemas que ledicias é o momento de mostrarlle a saída claramente, aínda que o arrastre a auga da fervenza...
Se perdoas demasiado acostúmanse a lastimarche de novo, quédate con quen realmente pague a pena.
Verei de seguir tan sabio consello, Amigo merlo.
Colle axiña pluma e pinceis e comeza o día cun sorriso, Amigo Xocas...
Sempre se poden redactar REDACTAR NOVAS HISTORIAS...
Non o esquezas...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario