CARBALLO
Carballo, rexo carballo
farto de broullas e crebas
vémonos por outra volta
¡que o Ceo loado sexa!
Abrollando estanche as pólas
que o outono virou secas
e con terno de esperanza
cerimonioso te enfeitas.
Porque no teu seo voga
unha atávica sabenza
por quen o teu corpo entende
que é chegada a primavera.
Por ese saber infindo,
carballo, téñoche envexa.
Silvia Figueiras Dovalo
No hay comentarios:
Publicar un comentario