Non pido máis por ser muller
mais tampouco acepto menos,
tan só esixo o que se me debe
como ente que ten dereitos
que ningúen debera usurpar
no nome de razón ou sexo.
Eu reclamo a liberdade
de falar e obrar sen medo,
e a gozar sen atadallos
de canto para min foi feito,
arredada de prexuízos
e de atávicos receos.
Eu propugno o dereito á vida
forxada baixo o meu boceto
con vieiros por min enxeñados,
con tinos e con desacertos.
Unha vida que me pertence
e da que en soa dona me ergo.
Silvia Figueiras Dovalo
Silvia Figueiras Dovalo
No hay comentarios:
Publicar un comentario