domingo, 10 de marzo de 2024

AMAR

 AMAR

  Á pálida luz dunha farola do porto pasei a fría noite, en vela por mor dunhas cóxegas que me revoan arredor dos miolos, arrimado a unha varanda, dándolle as costas ao mar e coas estrelas vixiantes, mentres ti durmías no niño ao quente...

  Qué para ti o amor, merliño.?

  Amigo Xocas, esa pregunta a estas horas, cando aínda non amenceu nas Brañas, nen eu puxen a gravata nen afinei o peteiro, tampouco chegou a primavera da que din que o sangue altera, faime pensar que a noite foi longa.

  Máis ben diría que intensa, Amigo merlo.

  Certas cousas deberías telas xa superadas coas labazadas que che deu a vida, Xocas.

  E as cóxegas que sinto, larpeiro.?

  Podería falarche, Xaquín, que AMAR é un nó que debes desatar cada noite para volver a atar co abrente...

  Un oscuro e misterioso camiño a descifrar cando se apaga a luz dos astros...

  Unha fogueira á que terás que botarlle achas nada máis abandoarche o sono...

  Un pracer que leva consigo unha pila de renuncias...

  Unha planta a regar diariamente...

  Unha flor a coidar nun xarrón de porcelana...

  O sentimento de ver reflexadas as Almas máis alá do que digan uns corpos...

  Quizais tamén uhna tormenta, se remata de mal xeito...

  Pero aos teus anos, querido Xocas, as cóxegas que sentes non deberían ser outra cousa que fame dun caramelo.

  Estás ben seguro, merliño.?

  Xaquín, non saberei eu de chuches...?

  Chámanme o merlo larpeiro...!!

  

  O Paraíso existe 


                                                                   Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario