"Que tódalas noites sexan noites de voda...", canta o merlo de mañá nas Brañas recordando a Sabina...
Quere pórme os dentes longos...?
Non ía haber reflexión, vou ser breve, os bos perfumes en frascos pequechos, ou eso din.
O día amencendo, o loro axexando, i eu aínda co cicel na man...
O que tal hai que facer cando onte mesmo rebotaban as tixolas nas paredes da cova, pobres pinturas...
Enriba, diranme que non auga na sella, que a lacena está chea de teas de araña e valeira a artesa, e que non me esqueza de fender unhas hachas de carballo, que fai frío e hai que acender a lareira...
San Valentín, disque é hoxe, merliño.
Así sódelos humanos, GUIADIÑOS, para mollar sopas unha vez no ano...
Polo que vexo a cousa xa ven de vello, Xocas, jajajaja...
"Que tódas as lúas sexan lúa de mel"...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario