martes, 2 de enero de 2024

NO LONGO CAMIÑO

 


No longo camiño

d´esta corta vida

topei o amor

que me salvaría

 

das miñas tristuras

en noites valeiras

e gran soidade

soñando contigo

 

con mil pensamentos

i tantas preguntas

agardando por tí

chegou a resposta!

 

n´aquel amencer

da lúgubre noite

espertei do sono

na dura almofada

 

e por compañía

o teu recender

n´unha gran aperta

selando o amor

 

non foi necesário

preguntas banales

nin vagas respostas

para ser amado!!!

  Miguel Alberto,2024

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario