martes, 2 de enero de 2024

HAI VIDA MÁIS ALÁ DO FRÍO


  "Non te cases nen te embarques", a risco de conxelar os beizos abro a fiestra do martes...

  Por culpa do "arreeiro" non ollo baixar o Ulla, tapa o río un voador manto branco...

  Xélida amence a aldea de Bexo, a pesares escoito soar a música, no ceo do Val xira un carrusel de cores...

   Canta o presumido galo de alas bermellas do veciño, espoldréxanse as galiñas no capoeiro...

  Asoma o astro rei, un arco da vella adobía o  Xesteiras, viran os xirasois sorrindo...

  A porta do hórreo nota que petou o inverno, no niño espalla o merlo seu trino ao abrente...  

  Espertan as criaturas das Brañas, tamén as Almas daquel@s que senten, por baixo que voe o graxo e queira aniñar o páxaro da morriña...

  Soa unha panxoliña, entre redondas e corcheas escoita a Alma o silencio, anuncia a maxia do Nadal o tiovivo...

   No Val de Laiño HAI VIDA MÁIS ALÁ DO FRÍO...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                                Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario