lunes, 1 de enero de 2024

MOI FELIZ 2024...!!


  Amence nun dos meus templos de meditación favoritos, chuvisca na praia da Torre...

  Non fumega a cheminea, segue a pomba no cumio dela...

   As lousas do paseo están cheas de follas, da praia non digo nada...

  O frío corta os peteiros, continúan os petos valeiros...

  Atópome un pouco azorado, é Aninovo. Lúa, uvas, cava, fogos artificiais...Para que serve o brinde na Noitevella diante da ensoñadora, merliño.?

  Todo é conto, Xaquín, dime revoando sobre unha farola. Mira cara adentro se desexas que haxa cambios.

  Esperto, abro a ventá, ollo o Val...

  Foise a lúa, baixa o Ulla rebuldeiro, repartindo bicos polas Brañas, escintila o sol por enriba do graneiro...

  Na horta, un arco da vella sobre o cheo limoeiro dame a posibilidade de seguir soñando que cambiar o mundo é de xustiza, como decía o fraco fidalgo da Mancha.

  Ambrosía para a Alma, canta o merliño dende unha póla da espida maceira.

  Pensas, querid@ Amig@, que uns días medio desaparecido das redes, e o cava da Noitevella, deixáronme un pouco tocado da ala...

  Acaso o merlo que tod@s levamos dentro non necesita de cando en vez un descanso...?

  Que mellor data para reaparecer o merliño, e manter unha charla conmigo, que a mañá de Aninovo...?

  Abro a fiestra da Alma, escoito seu trino...

  Parabéns @s Manuel@s, é o canto que espalla...

  E MOI FELIZ 2024...!! 

  

  O Paraíso existe



                                                               Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario