lunes, 22 de enero de 2024

ESCAPARATE


  Que hai tralo ESCAPARATE...?

  Xa fai un anaco que amenceu, o sol vai coloreando o ceo das Brañas...

  Óllase no graneiro o reflexo do meu Amigo, semella preocupado...

  Reflexamos o que verdadeiramente é a nosa Alma? Ti que cres, merliño?

  Amigo Xocas, decía José Saramago que as verbas e a conciencia tiñan a obriga de ir da man cando escribía...

  Non estou seguro que cando ti o fas pase o mesmo, do contrario non me farías esa pregunta, Xaquín...

   Acaso esquéceste de que son a voz da túa conciencia.?

  Aínda que eu non sexa escritor, nen un mal picapedreiro das verbas sequera, a resposta do merlo deixoume pensativo...

  Son transparente cando mostro aquí o meu pensar ou sentir, ou o merlo é unha coraza trala que me agacho...? 

  Que diría Sócrates...?

  Cal é teu pensar...?

  Paleta e pincel, non deixa de chover nas Brañas...

  Aí o deixo...!!

  

  O Paraíso existe



                                                                    Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario