martes, 2 de enero de 2024

AMOR NO CAUREL

 No branco Caurel

ó pé das estrelas

topei o amor

d´unha gran muller


alí acurrucada

ó sol da mañan

ficaba a mociña

agardando por quén?


Quizais nun galán

prometendo voltar

mais os dias pasaron

non volveu ó fogar


absorta nos seus pensamentos

n´aquelas promesas

que tanto feriron

o seu corazón


n´aquel longo inverno

de neve e saraiba

de noites escuras

e menceres xeados


a rapaza espida

no seu corazón

pois roupa vestía

valeira d´amor!


entablei conversa

coa dulce beleza

de voz melodiosa

na procura d´amor


e...ahí seguimos

nas tardes d´inverno

collidos da man

“enchidos” d´amor.

  Miguel Alberto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario