domingo, 10 de diciembre de 2023

A TESOIRA


  Paseaba de mañá polo xardín ollando un regalo de cores verdes, brancas e vermellas logo de saborear unha "bica"...

  Pensaba, que non se entere o merliño, no paralelismo que hai entre as plantas e as persoas...

  A vida regálanos ás veces Amig@s especiais, luz para o camiño e sombra para acubillarnos...

  Paraugas se chove a mares, chapeus cando o sol máis aperta ...

  Son coma flores que nos enchen de ledicia o sendeiro polo que transitamos, e que nos envolven dun especial arrecendo...

  Persoas de corazón san, sinxelo, mirada nobre, sen dobreces...

  Levan consigo brillo nos ollos e paz na Alma.

  Que bonito o pintas, Xaquín. Pensabas que non escoitaba.?

  Merliño, non che facía por estes lares.

  Xocas, quen vai sacarche do pasmo...?

  A vida sempre ten as dúas caras da moeda, tres se cae de canto, e vas atoparte con plantas cheas de pragas e persoas coa Alma podre, valeira de contidos...

  E como bo xardineiro debes coller A TESOIRA. Non teñas medo a eliminar do xardín da túa vida a calqueira que che quite o sorriso ou produza desacougo...

  Quédate con quen ilumine o xardín e a un tempo dé sombra...

  Cortar polo san é a mellor terapia para unha boa saúde do corpo e da Alma...

  "Vivamos mentres podamos...", decía aquel xardineiro que nunca pousaba as tesoiras...

  Que non che doa a man, Amigo Xocas.

  Merliño, ata outra tesoirada...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario