viernes, 11 de agosto de 2023

FODECHINCHOS


  Contaba Mari, unha Amiga de Vilagarcía, o que vivira fai pouco cunha camareira e unha señora de Vilanova que vende verduras e froitas na praza, pensei que xa o vira todo...

  Espoldréxase o merlo no niño, o traxe negro e gravata amarela no roupeiro...

  Onde vai que espertaron á vida As Brañas neste martes ben solleiro...

  De fondo soa o silencio, a música máis fermosa que creou a Natureza...

  A boas horas, merliño.

  Nunca é tarde, Xaquín, non desesperes. Quen madruga posiblemente teña sono ben cedo i estará de mala ostia se non lle deixan votar unha siesta. Ou xa non recordas o que pasou onte á tarde na praia da Torre.? Jajajaja.

  Máis ca rir é para chorar, tardarei en esquecelo, Amigo merlo. Foi o máis surrealista que vivín en moitos anos, como está a cabeza dalgunha xente...

  Non sei foi a calor que viu de repente, os efluvios da Romaría Vikinga, ou que no verán deixan as portas dos psiquiátricos abertas e sen vixiancia...

  "Ya está bien, dejen de molestar con sus conversaciones, no ven que estoy tratando de echar una siesta.?"

  Perdoe, non vin o letreiro de non molesten, resposteille cos ollos coma pratos.

  "Váyanse a otro lado a hablar, o les meto, que tengo muy mala hostia".

  Estas foron onte as primeiras reaccións dun señor de mediana idade tumbado nunha toalla na praia da Torre arredor das 6 da tarde, cando a miña dona i eu falabamos das nosas cousas, a uns metros del, no lugar de sempre e sen levantar a voz, por certo. 

  Xaquín, o de señor venlle grande, a piques estiven de caer da rama, era un maleducado...

  Do que viu a continuación mellor non digo nada. Eso sí, o sangue non chegou á auga, non todos os que temos que medicarnos nos saltamos a pauta, a deus grazas...

  Saen cada verán as presumidas abellas coa idea de lucir as súas cores e impór a súa lei por onde vaian...

  Amigo Xocas, fóra do seu niño para elas tod@s son flores ás que poden chuparlle o pole, xirasois aos que han polinizar do xeito que lle veña en gaña.

  Velutinas presumidas, co peito cheo, mirando aos demais por enriba do ombreiro, merliño.

   Máis ben, FODECHINCHOS tocapelotas, Xocas...!!

 

  O Paraíso existe



                                                              Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario