Agarda ti, meu amor
polo cariño ofrecido
agarda ese gran día
teño o corazón ferido
por aquel amor fuxido
que noutrora me quería
i de pronto él parteu
ós brazos d´unha doncella
i eu fiquei sosiña, esquecida
d´aquel galán que eu amaba
con dous Anxos de compañía
froito do amor...apagado
agarda fiel compañeiro
dareite o meu corazón
cando curen as feridas
d´aquel amor de traición
cando pase a gran tormenta
que tanto dano me fixo
i rexurda a primavera
voltarei a ser a mesma
muller de armas tomar
valente, osada, atrevida
forte para loitar
i tamén...volver a amar!!!
Miguel Alberto,2023
No hay comentarios:
Publicar un comentario