Non podo remedialo...
Espertar e ollar como o Val resplandece ao tempo que se escoita o trino do merlo, non hai diñeiro que o pague...
Non todo pode ser fermoso, cometo o erro de ollar as redes sociais. O que atopo un día máis núblame a vista e prodúceme arcadas na Alma...
Seguen tirándose os trastos á cabeza as dereitas e as esquerdas por facerse coa poltrona...
Coidas, merliño, que é simplemente un debate político, e que a metade dos españois son ricos.?
Sabes que no vexo así, Xocas. Que a metade da xente vote porque gañen unhas políticas alleas ao sufrimento do pobo, por aqueles que poñen diante de todo o diñeiro, fálame dun sinsentido, dunha sociedade enferma, dun mundo corroído, cos valores trabucados...
Queixádesvos logo que co covid morreron miles de xubilados nas residencias, sen ser atendidos e sen que paguen por elo os culpables, que non tedes vez para que vos vexa o médico, que nas escolas hai falta de mestres, que as carreteiras estén cheas de buracos...
Non é polas veces que che digo que non debes andar metido nas redes sociais se non sabes de onde sopla o vento, Xaquín.
Amigo merlo, pode que teñas razón ao respecto. Non era miña intención falar hoxe deste tema, e sí facer unha alegoría do meu Paraíso dos Soños, pero non podo remedialo, miña Alma sente como sente...
Merliño, que a metade da poboación con dereito a voto se considere rica porque gañe ao mes mil euros, faime dar volta ao sentido.
Non estou seguro delo, Xocas.
Ou eso, ou é que somos un pouco cortiños, larpeiro...
Por se serve de consuelo e lle alegra a alguén o día, dende a Ponte do Te na Torre, deixo unha imaxe dun solpor sobre a Ría de Arousa, meu particular Paraíso dos Soños...
O meu, merliño, xa está AVINAGRADO...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario