lunes, 31 de julio de 2023

 A VOAR

  "A vivir que son dous días".

  A de veces que o escoitariades, dous e medio se sae da boca dun optimista, non sei se aínda quedará algún...

  Dun peteiro amarelo, e frac negro por suposto, sae un trino, por fin se decidiu o Amigo merlo a saír do niño...

  Un "espabila, Xaquín, xa te perdiches un abrente soñador, menos mal que estaba eu para apertar o botón", escoitábase nesta mañá de domingo na aldea.

  Dubido que despedir o mes sexa o motivo polo que logo de tantos días sen ollalo cantar na cruz da graneira, hoxe esperten as Brañas cun trino, non soe dar puntada sen nó.

  Bos días, larpeiro, que che trae por aquí.?

  Amigo Xocas, sen a miña compaña semellas camiñar arrastrando os pés apoiado nun bastón...

  Abre as alas e bica os ceos, como fixo o astro rei esta mañá co ceo do Val...

  E non te esquezas de deixar o traxe e a gravata no roupeiro, viste moi informal a pesares de ser domingo...

  En Moraña é festa rachada dende ben cedo, as brasas xa están no seu punto, espérannos na carballeira para celebrar a festa do "Carneiro ao espeto".

  Sabía eu que algo especial tiña que haber para que apareceras, larpeiriño deuche deus.

  A VOAR, que son dous días, Xocas, e día e medio, cánto menos, vai alá...!!


  O Paraíso existe 




                                                              Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario