lunes, 31 de julio de 2023

OS MEUS NETOS

          

Non existe amor máis grande

que o que da o vello avó a

aqueles netos que ama

con todo o seu corazón


mesmo que se atope lonxe

sempre habrá un momentiño

para facer unha chamada

i escoitar a doce voz


d´aquel anxo en lontananza

que adora a seu avó

mesmo que fique sosiño

aquel susurro de voz


morando na emigración

e non poder disfrutar

d´ese calor dos netiños

que tanto él, quere dar!


Agardai o meu retorno

que moi pronto ei voltar

para entregarvos amor

que noutrora poiden dar


Mirai, orgullo d´avó

a carón dos seus netiños

esas caricias i amor

que prodiga os seus meniños!


  Miguel Alberto,2023


No hay comentarios:

Publicar un comentario